CEPESE CEPESE | CENTRO DE ESTUDOS DA POPULAÇÃO, ECONOMIA E SOCIEDADE

Raúl Soutelo Vázquez

Doutor en História Contemporánea pola Universidade de Vigo e membro colaborador do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da U. da Coruña. Ten publicado os libros titulados De América para a casa. Correspondencia familiar de emigrantes galegos (Consello da Cultura Galega, 2001), As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautoria co profesor Núñez Seixas, Editorial Galaxia, 2004), Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural (premio Ferro Couselo de ensaio, 2005) e Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga (Concello de Valga, 2007). Coordinou a publicación da obra colectiva As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual (Sotelo Blanco, 2008).

Obras

Artigos